Tradución-Translate

venres, 25 de decembro de 2015

1.000.000 de mulleres : FRIDA KAHLO



Nada en Coyoacán (México) en 1907. Foi pintora e poeta. Pertenceu á primeira xeración de mulleres que se propuxo estudar Medicina no seu país e formou parte dun grupo de novos artistas chamado "Los Cachuchas". Aquí vos deixamos algunas das obras artísticas (pintura e poesía) desta extraordinaria muller .

 
      Autorretrato (1926)               O marxismo daralle
                                             saúde ós enfermos (1954)


“Cada tic-tac es un segundo de la vida que pasa, huye, y no se repite.
Y hay en ella tanta intensidad, tanto interés, que el problema es sólo saberla vivir.
Que cada uno lo resuelva como pueda.”
Frida Kahlo


                                       

Sesenta. O número da vergoña.

Pois si, neste 2015 que está a piques de rematar xa son 60 (oficialmente) as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas. Isto supón unha vítima máis respecto ao ano pasado, a última, Coral González García , de 44 anos,  a mans do seu marido co que estaba en trámites de separación e, como soe ser habitual, sen existir ningunha denuncia previa por maltrato.
Nesta ligazón podedes atopar unha listaxe con todas as mulleres mortas por violencia machista neste ano, así coma en anos anteriores :


"O opresor non sería tan forte se non tivese cómplices entre os propios oprimidos".
Simone de Beauvoir.

luns, 30 de novembro de 2015

Uns conceptos que debemos aclarar...

Hembrismo : Ideoloxía, comportamento , actitude que defende a superioridade da muller fronte ao home. O cal  non é o mesmo ca FEMINISMO, que defende a igualdade entre homes e mulleres.

domingo, 18 de outubro de 2015

Facebook

Agora tamén podes atopar  a comunidade AnampsesFemininus en Facebook

https://www.facebook.com/AnampsesFemininus

Máis que un poema...

Insubmisión.
 Pour femme.
                    
           Chus Pato
   -Eu sempre tiven a alguén que me fixera de comer
.-Pero terás que aprender ti para cando ela non esté.
-Non me fai falta, busco a outra.
-E se non atopas ningunha?
-Pois busco un tío!

luns, 12 de outubro de 2015

Si, reivindico a palabra.

Si, reivindico a palabra.
Cala!
Estou farta
de ter que aguantarte,
de ter que calar,
de facer o que ti mandes.

Si, reivindico a palabra.
Cala!
Que ti non es perfecto
e eu tampouco.
Que non sabes máis ca min,
e menos do meu corpo.

Si, reivindico a palabra,
igual ca o meu tempo,
igual ca o meu corpo,
igual ca o meu templo.

Si, reivindico a palabra.
Non me toques!
Non me mandes calar!
Non me berres!
Non me fagas berrar!

Si, reivindico a palabra,
a miña palabra.
Cala!
Agora podo facelo,
agora podo berralo,
agora podo sentilo,
agora podo selo.
Agora estou segura,
agora xa non teimo,
agora sei que o que digo
é certo.