Tradución-Translate

sábado, 29 de outubro de 2016

Un millón de Mulleres.: Marie Curie

Marie Curie naceu o 7 de novembro de 1867 en Varsovia (Polonia)
Foi a quinta filla de dous mestres de matemáticas e física. Durante a súa vida escolar os seus resultados foron moi positivos, pero cando chegou o momento de acudir á universidade, non puido facelo, pois era muller e pasou ese ano dando clases particulares, ata que ingresou na clandestina Uniwersitet Latajacy; que si que admitia estudantes femininas.

En 1891 matriculouse no curso de ciencias da Universidade de Soborna, en París. Dous anos despois, finalizaba os seus estudos de física, sendo número un da súa promoción. En 1894, coñeceu a  Pierre Curie, casando ao ano seguiente. Tiveron dúas fillas, unha delas recibiría o premio Nobel de Química en 1935.

Marie Curie foi a primeira en empregar o termo radiactivo, e adicouse á procura de novos elementos, ata daquela descoñecios. Xunto co seu home anunciou en 1898 o descubrimento do polonio ( así chamado en honra ó seu país) e o radio. Por isto, gañaron en 1903 o premio  Nobel de Física, coverténdose Marie na primeira muller que o recibía, aínda que a pesar do seu traballo a maior parte dos méritos levounos o seu home.




En 1914 foi nomeada directora do Instituto de Radio de París e fundouse o Instituto Curie. En 1921 trasládase a EEUU coas suas fillas, onde continuo coas investigacións. Finalmente, en 1934, cega e con outros problemas de saúde derivados das longas exposicións á radiación, morre nunha clínica , sendo enterrada en París.