Valentina Vladimirovna Terechkova (Maslennikovo, 1937)
Astronauta rusa, foi a primeira muller que viaxou ao espazo.
Filla dunha traballadora da industria téxtil e dun tractorisa, dende moi nova practicou o paracaidismo. Completaba os seus estudos nunha escola nocturna, traballando polo día nunha fábrica téxtil.
Sempre atraída pola investigación do espazo, non dubidou en presentarse coma voluntaria para ser futura astronauta e a axencia soviética do espazo, a pesares de que ela carecía da formación axeitada, decidiu preparala xunto con outras tres mulleres.
Así, o 16 de Xuño de 1963, despois dun duro entrenamento, foi lanzada ao espazo a bordo da Vostok 6, iniciando unha viaxe de algo máis de 70 h e 48 órbitas á Terra.
Posteriormente, interesouse pola política, sendo nomeada en 1968 xefa do comité de mulleres soviéticas. Foi deputada do Soviet Supremo ata 1970, e catro anos depois foi elexida membro do Presidium.
Posteriormente, interesouse pola política, sendo nomeada en 1968 xefa do comité de mulleres soviéticas. Foi deputada do Soviet Supremo ata 1970, e catro anos depois foi elexida membro do Presidium.
En 1975, participou na Conferencia Mundial da ONU, con motivo do Ano Internacional da Muller, e recibiu premios pola súa labor a prol da mesma.