Tradución-Translate

venres, 8 de xaneiro de 2016

Un millón de mulleres: Marilyn Monroe



" Non me importa vivir nun mundo de homes mentras poida ser unha muller nel" ou " As mulleres son donas dun planeta no que gobernan os homes" Son algunhas das frases que pronunciaba esta muller cunha vida agotadora... e parece que non lle deixaron vivir coma unha muller senón coma unha pertenza bela e pouco valorada.





Marilyn ( Norma Jean Baker) que nacerá un 1 de xuño do 1926 nos Ánxeles (California) comezará deixando atrás a oportunidade de seguir estudando a traballar e casará máis adiante cun rapaz, cuxo matrimonio duraría a penas uns catro anos.

No 1946 un fotógrafo de moda convenceuna para que se fixera modelo e ésta accedeu modificando o seu pelo de cor castaña de nacemento polo característico rubio platino. Paralelamente as súas capacidades e a súa inquietude pola aprendizaxe levouna a asistir clases de arte dramático e de literatura na universidade. Así como éste fotógrafo a contratou fixérono moitos máis, incluso compañías de teatro e comedia. Pero pese a éstos logros en tan pouco tempo a súa vida persoal non era satisfactoria; unha das causas era o complexo de nulidad intelectual derivado do abandono dos estudos tan cedo aínda que esta rapaza tiña un gran talento e moita capacidade intelectual, tiña unha gran beleza gardada no interior que a penas tivera opción a demostrar.

Despois de participar en varias rodaxes comezou a sentirse presionada pola fama e a impuntualidade nos ensaios e as depresións eran frecuentes nela, o que a levaba a tomar descansos temporais.

Monroe comezou o consumo de drogas para saciar as penas que tiña debido a infravaloración causada polas críticas da xente pola  súa beleza exterior sen ter en conta o seu intelecto. A fama e as críticas custáronlle o suicidio no 1962 aos 36 anos de idade cunha sobredosis a que engadiu alcol (non era a primeira vez que inxería unha). Ao parecer non conseguiu vivir nin ser dignamente valorada coma unha muller no mundo de homes que vivía, coma ela dicía...

Ningún comentario:

Publicar un comentario