Tradución-Translate

luns, 12 de outubro de 2015

Si, reivindico a palabra.

Si, reivindico a palabra.
Cala!
Estou farta
de ter que aguantarte,
de ter que calar,
de facer o que ti mandes.

Si, reivindico a palabra.
Cala!
Que ti non es perfecto
e eu tampouco.
Que non sabes máis ca min,
e menos do meu corpo.

Si, reivindico a palabra,
igual ca o meu tempo,
igual ca o meu corpo,
igual ca o meu templo.

Si, reivindico a palabra.
Non me toques!
Non me mandes calar!
Non me berres!
Non me fagas berrar!

Si, reivindico a palabra,
a miña palabra.
Cala!
Agora podo facelo,
agora podo berralo,
agora podo sentilo,
agora podo selo.
Agora estou segura,
agora xa non teimo,
agora sei que o que digo
é certo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario