Tradución-Translate

venres, 25 de decembro de 2015

Sesenta. O número da vergoña.

Pois si, neste 2015 que está a piques de rematar xa son 60 (oficialmente) as mulleres asasinadas polas súas parellas ou exparellas. Isto supón unha vítima máis respecto ao ano pasado, a última, Coral González García , de 44 anos,  a mans do seu marido co que estaba en trámites de separación e, como soe ser habitual, sen existir ningunha denuncia previa por maltrato.
Nesta ligazón podedes atopar unha listaxe con todas as mulleres mortas por violencia machista neste ano, así coma en anos anteriores :


"O opresor non sería tan forte se non tivese cómplices entre os propios oprimidos".
Simone de Beauvoir.

Ningún comentario:

Publicar un comentario