Tradución-Translate

martes, 29 de decembro de 2015

Só os monstros se esconden.

Fagamos algo revolucionario: sexamos naturais.

   É por todos e todas coñecido o ciclo menstrual da muller. Todos e todas podemos ver e vemos as compresas no supermercado, os tampóns nos anuncios, a copa menstrual e as Thinx facéndose eco. Calquera pode mercar un destes produtos, calquera. 

    Sen embargo, hai personas ás que lles da cousa ir mercalos, ás que lles da cousa ir mercalos acompañando á súa moza, ás que lles da cousa tocalos. Como lles pode dar noxo tocar unha compresa sen usar, se é unha das cousas máis limpas e hixiénicas do mundo? Que pasa, que por tocar unha compresa váiselles transmitir a regra, coma se fose unha enfermidade? Por favor!
    Eses mesmos aos que lle dá noxo tocar unha compresa, non teñen ningún reparo de facer simples e vulgares debuxos de penes (isto é unha xeralización, que ninguén me veña dicindo que "non todos son así"). Penes en graffitis, penes en gomas de borrar, penes no Snapchat, penes ata na sopa. Pero as compresas que non as miren, non vaia ser que lles produza alerxia.

 Quizais sexa este tabú o culpábel de determinados comportamentos nas menstruadoras. É absurdo tratar de esconder algo que está legalmente admitido e cubre unha necesidade básica para moitas personas. Por que tratamos de que non se note que usamos compresas? Por que temos medo de que nolas vexan cando a sacamos do bolso ou da mochila? Por que, cando nos piden unha, nola pasamos a escondidas? Non é un produto de contrabando.
   Pretendemos ocultar, quizais, que temos a regra? Pois claro que teño a regra! Coma se fose algo raro. Os monstros agóchanse debaixo da cama ou no armario. Pero nós non somos monstros por ter a regra, somos personas co seu comportamento biolóxico natural. Temos que esconder algo natural? 

  Deixemos de escondelo, fagámolo natural. Non nos preocupemos por deixar á vista compresas ou tampóns; falemos da regra coma o que é: algo normal. Por que non está normalizado algo tan natural como a menstruación?

Da serie Ecce Homo de Evelyn Bencicova

Ningún comentario:

Publicar un comentario