Tradución-Translate

venres, 15 de xaneiro de 2016

1.000.000 de mulleres : Coco Chanel

Coco Chanel (Gabrielle Bonheur Chanel ) Saumur 1883- París 1971. Foi unha modista e deseñadora francesa.

Tras o falecemento de súa nai, cando Coco tiña 12 anos, seu pai internouna xunto coas súas irmás nun orfanato. Aos 22 anos, traballou como cantante de cabaret e foi nesa época cando comezaron as súas aspiracións por ser modista. A súa primeira incursión no mundo da moda chegou en 1909 coa tenda "Chanel Modes". Máis tarde probou  no mundo da perfumaría dando lugar ao coñecido Chanel nº 5.

Os seus deseños ademais de ter un estilo moi característico , buscaron liberar ás mulleres de pezas de roupa aparatosas e insufribles coma eran os corpiños que apenas deixaban respirar ou outros enfeites varios e trouxeron ao mundo feminino os pantalóns. Tamén se lle atribúe a ela pór de moda o simple feito de tomar o sol e broncear a pel, pois ata ese momento levábanse só as peles moi brancas.

"A simplicidade é a clave da verdadeira elegancia" Coco Chanel.

 
 














Ningún comentario:

Publicar un comentario