Tradución-Translate

venres, 1 de xaneiro de 2016

Un millón de mulleres: Helly Luv

   "Creo que son a muller máis buscada por ISIS agora mesmo. Pero non teño medo, sabía que pasaría isto. Se a miña voz consegue chegar a miles de persoas de todo o mundo e eso pon en risco a miña vida, está ben. Para min é un privilexio. Unha honra" cóntalle Helly Luv a Play Ground Magazine. Que ten a súa voz para que ISIS lla queira arrebatar?
Helan Abdula (coñecida como Helly Luv) nace o 16 de novembro de 1988 en Urmia, Irán, durante a Guerra do Golfo Pérsico. A súa familia conseguiu o asilo político en Finlandia para poder fuxir de Saddam Hussein. Súa mai aos 16 anos xa era unha guerrilleira peshmerga (literalmente "quen se enfronta á morte" pola liberdade de Kurdistán).
  En canto cumple 18 anos, Helly Luv marcha a Los Ángeles, aínda que a sorte parecía non estar da súa parte. Non coñecía a ninguén, apenas tiña cartos e durante dúas semanas alimentouse con paquetes de galletas. Mais cando estaba a punto de voltar a Finlandia, unha mensaxe de MySpaces cambiou a súa sorte. Tras cantarlle I have nothing de Whitney Houston, Los Da Mystro díxolle "fai a maleta que che pagamos unha viaxe a Nova York para mañá".



Risk It All





O primeiro éxito, que chegou a disputar en Finlandia con Diamonds de Rihanna, mestura ritmos orientais co estilo pop mundial e fala "sobre a nosa liberdade". Co lanzamento do vídeo no pasado 2014, o single recibiu moita máis atención, especialmente no Medio Oriente. Vinte e catro horas despois da publicación do video, Helly Luv empezou a aparecer nas noticias e foi amezada de morte. O videoclip decontado chegou ás duas millóns de visitas e en cadenas de televisión falábase da "The Girl Lion".


Revolution



Gravando Revolution Helly Luv non se quedou corta: fixérono a 2,5 km de ISIS. Foi algo moi complicado, xa que empezaban a gravar e pouco despois chovían balas de ISIS. Ademais os peshmergas que salen son reais, que combaten contra o Estado Islámico e gravaban no tempo libre.


"Ponte de pé, estamos unidos. xuntos podemos sobrevivir"




Ningún comentario:

Publicar un comentario